'The Last Exorcism', unha volta de porca para remexer os nosos medos


Poderíamos dicir que despois de The Exorcist (1973, William Friedkin) non se deberían facer máis filmes sobre exorcismos, que xa está todo dito e que é perder o tempo. Pero así é o cinema de xénero, sempre dando voltas sobre os mesmos temas e intentando atopar novas formas de contar o mesmo, novos puntos de vista ou novos detalles; unha e outra vez, remexendo nos nosos medos e na nova mitoloxía do terror.

E aquí é onde se enmarca The Last Exorcism (2010, Daniel Stamm) onde Patrick Fabian (premio ó Mellor actor no 43 Festival Internacional de Cinema Fantástic de Catalunya) interpreta a un exorcista descreido que realiza un documental no que conta como todo o que fai é falso. Para iso acepta o seu derradeiro traballo no que utilizará os seus trucos de sempre. Pero... claro, non podía sair todo ben, senon non habería filme.

A fita está gravada en forma de falso documental e con cámara no ombreiro, inda que estes principios traizóanse nalgúns momentos com recursos e montaxe máis propios dun filme convencional.

A pesar de estar diante dun tema sobradamente coñecido e de que parece que en todo momento sabemos o que vai pasar, o formato no que se conta e o bo facer dos autores fan que non deixemos de perder detalle durante todo o metraxe (inda que máis de un tapou os ollos nalgunha escena).

Unha nova volta de porca ó mundo dos exorcismos que xunta os ingredientes clásicos cun novo enfoque. Sangue, pescozos retortos, relixión, escepticismo e cámara no ombreiro.

Desta volta o filme tampouco é recomendable para estómagos delicados. Nótase a man do produtor e director Eli Roth (Cabin Fever e Hostel I e II).

Alguén a viu? Que vos pareceu? Aí tedes os comentarios.

Vémonos nas butacas!

Artigo publicado en Galiciaé o 12 de novembro de 2010.

0 comentários:

Enviar um comentário

 

Flickr

Twitter

Quem é ifrit